Protestas polo prezo dos carburantes

Protestas polo prezo dos carburantes
24 de Marzo, 2022 - 07:54 h. | Publicada por Radio Fene

A protesta polo prezo do combustible percorreu Narón, Neda, Fene e Ferrol. Máis de cincocentos camións, furgonetas e taxis participaron na acción en contra da suba do gasóleo. A marcha saíu de Narón, pasando por Neda e entrando en Fene pola avenida Marqués de Figueroa, rúa Xunqueira e rúa da Torre para chegar por San Valentín á ponte das Pías. 

O goberno central reúnese hoxe cos representantes dos transportistas. Tratarán de definir un paquete de medidas que consiga paliar o impacto dos prezo dos carburantes na súa actividade. O executivo ofreceu 500 millóns en bonificacións fiscais ao gasóleo profesional. Concretará esa oferta nesta nova xuntanza.

 

Fotografía: Xan Xe Corral
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora