Protestas polo sorteo dunha noite cun ou cunha stripper

Protestas polo sorteo dunha noite cun ou cunha stripper

06 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Un hosteleiro da localidade de Carballedo (Lugo) puxo á venda rifas no marco dunha festa que celebrará na noite de hoxe e cuxo premio consistirá en pasar unha noite "cun ou unha stripper". Ante este sorteo, a asociación de apoio á muller e a colectivos desfavorecidos ALAR cualificou hoxe de "impresentable" e "demente" o sorteo dun ou unha stripper en Carballedo. Así, o presidente de ALAR Galicia, Fernando González Truque, mani

A festa terá lugar esta noite, polo que se mostrou convencido de que o campo da festa "estará abarrotado", ante unha idea que describiu como "soez, barriobajera e que atenta claramente contra as medidas de igualdade de xénero do Goberno". Respecto diso, rexeitou a "cousificación" da muller e que se pense nela "como un obxecto" algo que, segundo precisou, é no que se amparan "os maltratadores". Ademais, González Truque afirmou que o sorteo é "impresentable" porque "parece que as medidas do Goberno van por unha banda e a sociedade por outro".

O sorteo realizaráse no marco da V Festa da Xuventude en Cartelos Carballedo. O premio inclue unha noite no Pazo do Piñeiro, cun ou cunha stripper a escoller pola persoa gañadora.  Tamén se sortearán lotes de viño e instalaráse unha macro discoteca móvil, con gogós, espectáculo de estriptís e fiesta da escuma. Actuará igualmente a ex concursante de Gran Hermano Paula Pérez, actualmente colaboradora dun programa de televisión.

Sociedade