ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Cando falamos do coidado das praias e zonas costeiras a meirande parte das veces pensamos en limpeza e recollida de refugallos nos areais, limitación de construcións nas zonas de afección ou na protección das especies que habitan o mar. Pero a praia e as dunas, son por si mesmas un ecosistema natural para un sen fin de especies vexetais e animais.

Este é o caso da píllara das dunas, (Charadrius alexandrinus), unha pequena ave limícola cuxas poboacións en Europa atópanse en claro declive. A poboación galega con apenas 80 parellas é a única existente en toda a costa cántabro-atlántica, o que sumado a outra serie de factores de ameaza a converten nunha especie vulnerable. Por este motivo teñen sido incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas e posúe un plan de conservación específico, que a administración autonómica puxo en marcha dende o ano 2014.
Na Mariña Lucense son moi conscientes de que as súa praias son, ademais de espazos de lecer, un ecosistema natural que hai que protexer facéndose imprescindible conciliar o uso recreativo das praias coa funcionalidade que cumpren como ecosistemas naturais e hábitat de non poucas especies. Na Comarca existen áreas prioritarias de conservación da píllara das dunas nos municipios de Barreiros e Foz.
Como medida de concienciación, a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense ven de publicar un decálogo de recomendacións, elaborado no marco das accións de conservación desenvolvidas durante o Encontro de Turismo de Observación da Natureza natureWatch A Mariña Lucense, no que recollen uns sinxelos consellos cos que se pode axudar a conservar as praias como o que son, espazos de biodiversidade animal e vexetal, garantindo así o equilibrio do ecosistema.
Imaxe: Mancomunidade de Municipios Mariña Lucense
Publica o teu comentario agora