ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O cine Adriano de Barallobre protagoniza de novo a vida cultural de Fene. O colectivo Lumen presenta o venres ás sete e media da tarde na Casa da Cultura o catálogo da exposición fotográfica “Adriano sesión contínua”. Ese mesmo dia as nove da noite no patio de butacas do cine preséntase a plataforma “Adriano, para todos os públicos”
Alex Pérez, fotógrafo de Sillobre, indícanos no catálogo “sempre tiven a grandísima curiosidade de ver o Adriano por dentro, coñecer como era, o estado no que se atopaba, e saber se todavia respiraba o que se pode considerar gran icona da historia de Fene, xunto co pórtico do tamén moribundo Astano”.
Indica Carolina Martinez neste catálogo: “O cine agora fica en pé esquecido, pero non morto. Se abres paseniño a porta principal podes ouvir latexar todas as historias do mundo”.
Alba Gallo afirma que o Adriano é o único protagonista, da realidade da súa beleza e os seus esforzos por manterse en pé. Cumpreu xa 43 anos sen proxeccións de películas.
O cine Adriano, patrimonio cultural de Barallobre, Maniños, Fene e Galicia. Reclámase a súa restauración e reconstrución. É unha herencia cultural común que debemos protexer, defender, conservar e preservar.