Protexer a vista

Protexer a vista
01 de Agosto, 2026 - 09:43 h. | Publicada por Radio Fene

Observar unha eclipse de sol como a que se producirá o día 12 de agosto obriga a tomar unhas medidas de seguridade doadas para protexer a vista. O óptico Santiago Lage, profesional de Ópticas Noroeste, deunos as pautas que debemos seguir para contemplar o fenómeno astronómico sen danar a vista.

ESCOITA O PODCAST:

“A retina non ten receptores da dor  e mirar sen protección pode causar unha patoloxía bastante severa”. Para protexer a vista hai que usar gafas especiais homologadas ou filtros nos telescopios e mirar aos poucos mentres se vai ocultando o sol e cando sae de novo. Son precaucións imprescindibles para non danar os ollos. O principal risco de mirar sen protección é que pode provocar unha retinopatía solar, explicou Santiago Lage.  Para evitalo deben usarse lentes homologados co ISO 12312-2 2015. 

“Aconsello poñelas de costas ao sol e dar a volta despois”. O especialista recomenda asegurarse de que as gafas protectoras estean homologadas, que estean en bo estado e probalas uns días antes. As persoas que usen lentes deben poder estas gafas especiais por riba. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora