ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As vías de colaboración entre o campus de Ferrol da Universidade da Coruña e a rede de radios locais arredor da axenda 2030 exploráronse esta semana nunha reunión celebrada na cidade departamental.
A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social Ana Ares e o director do Campus Industrial de Ferrol Marcos Míguez participaron na reunión. Por parte das radios locais acudiron á xuntanza Henrique Sanfiz e Ana Santiago, de Emisoras Municipais Galegas.
A saúde na comunidade universitaria, o programa Afrontemos de atención psicolóxica, os proxectos da Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) como a clínica xurídica ou o Programa “Green Campus Ferrol” foron algunhas das iniciativas educativas que se abordaron no encontro. EMUGA explicou o proxecto “Empeza por ti” impulsado neste 2024 coa colaboración da Deputación de A Coruña, e tamén abordou a iniciativa “Onda ODS. De medios locais a medios glocais” que se poñerá en práctica en 2025, coa participación das Emisoras Municipais Galegas, EMA RTV, La Xarxa e a Rede de Medios Comunitarios.
Imaxe: Iolanda Fernández
Publica o teu comentario agora