Proxecto audaz

Proxecto audaz
21 de Maio, 2026 - 05:20 h. | Publicada por Radio Fene

Comezaron este xoves as obras para crear o centro industrial da empresa Glekom en Fene, na parcela onde estivo a antiga fábrica de pneumáticos Rubber. “Estamos moi ilusionados” declarou a Radio Fene o xerente de Glekom, Marco Pazos. 

ESCOITA O PODCAST:

“É un proxecto moi audaz, levaba moitos anos abandonada pero vímolo como unha oportunidade”, declarou Marco Pazos. Glekom investirá un millón e medio de euros para transformar as instalacións que no seu día ocupara a Rubber no seu centro industrial dentro dos plans de expansión da compañía, que se dedica ao deseño e fabricación de carpintería metálica para a edificación. O centro industrial aglutinará a capacidade produtiva, loxística e tamén se creará unha área de coñecemento. “Non se trata so de gañar espazo,  vamos crear un espazo de traballo no que compartir coñecemento”, explicou Pazos, porque “estamos nun mercado que cada vez require máis capacitación”. Anunciou que se vai “recuperar o edificio existente, respectamos as instalacións pero adecuámolas aos novos tempos”.

As obras para habilitar o centro industrial empezaron esta mañá e teñen previsto “estar alí funcionando a finais de ano”. A empresa, situada actualmente no polígono de Río do Pozo,  aspira a reforzar a súa presenza no mercado nacional e explican que “facer medrar as instalacións terá que vir asociado a máis persoal”. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora