ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Adif, o IES de Fene e as obras centraron a intervención no espazo As Foxas da voceira de Esquerda Unida no Concello de Fene e concelleira de Obras, Mari Carmen Martínez.

O convenio con Adif para o paso que salve a vía do tren en Perlío é o asunto máis destacado da orde do día no Pleno que celebra este xoves, ás seis da tarde, a Corporación municipal de Fene. A voceira de Esquerda Unida, Mari Carmen Martínez, anunciou xa en Radio Fene o seu voto favorable. Tamén se sumou ás denuncias sobre o lamentable estado do IES de Fene. Lembrou que xa hai anos se reclamou á Xunta o seu arranxo. “Todo o apoio posible, é lamentable que o profesorado e o alumnado teñan que traballar nesas condicións perigosas”, afirmou Martínez. Destacou a concelleira de Obras a súa satisfacción polo empurrón dado a numerosos proxectos que xa están en execución ou próximos a comezar nas distintas parroquias de Fene.
Publica o teu comentario agora