ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interveu hoxe no Pleno da Cámara para reclamar á Xunta, mediante unha moción, que recupere o seguro colectivo de accidentes no mar. A iniciativa foi rexeitada polo PP. A responsable socialista criticou que o Goberno de Feijóo deixou “absolutamente desprotexidos” a 30.000 traballadores do mar dende a retirada do seguro no pasado mes de outubro.
Soneira denunciou que “sae mais caro a tramitación administrativa que a subvención que concede o seguro de accidentes que se sacou da chisteira a Consellería do Mar”. Afirma que para que un mariscador ou mariscadora a pe poida acceder a esta subvención “terá que aportar ate doce documentos distintos e aínda así, non terá garantida a misérrima subvención de 25€ euros anuais”, replicou.
Advirte que a Consellería do Mar substitúe o Seguro Colectivo de Accidentes no Mar, “totalmente gratuíto para o conxunto das persoas que traballan no mar, por unha subvención que concederá, no mellor dos casos, 25€ aos mariscadores a pe despois dun longo, complexo e caro trámite administrativo”, proclamou.