ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Clima laboral, intelixencia, personalidade e estado psicolóxico. O Concello de Padrón incluíu estas probas no temario dunha oposición para administrativo convocada a finais de 2024. E iso causoulle estrañeza a algunhas persoas. Pedimos a opinión sobre o tema ao psicólogo José Barcia Tuccelli no espazo Vilanova de Radio Fene.
Se hai ferramentas máis ou menos fiables para asegurarnos de que as persoas que se presentan cumpren coas funcións do posto por que non empregalas, pregúntase Barcia Tuccelli. Lembra que ese tipo de probas fanse na selección de directivos de recursos humanos, para o acceso aos corpos e forzas de seguridade e mesmo para o carné de conducir.
Preparar as probas psicolóxicas igual que o resto do temario pode facerse, como se pode adestrar un para facer fronte ás entrevistas de traballo, pero hai que ter en conta que hai moita variedade de test posibles.
Publica o teu comentario agora