Pucho Boedo: Non podo esquencerte, terra, terriña,...

Pucho Boedo: Non podo esquencerte, terra, terriña,...

31 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Xurxo Souto presentará este sábado en Cambre un concerto de homenaxe a Prudencio Romo e Pucho Boedo. Actuará a banda de música Sementeira coas voces de Paco Lodeiro, Sito Sedes e Miguelón. Comezará ás oito e media da tarde no Auditorio da igrexa de Santa María de Cambre.

A homenaxe de Cambre a Pucho Boedo e Prudencio Romo tivo xa un primeiro capítulo o pasado 10 de xaneiro en Pontevedra. Na cidade do Lérez reuníronse boa parte dos que lembrarán o vindeiro sábado á voz e ao xenio creador da mítica formación musical galega Os Tamara. Tamén alí cantaron "A Santiago vou", "Airiños, airiños, aires" ou "O vello e o sapo", Paco Lodeiro, Miguel Ladrón de Guevara e o músico de Sillobre Sito Sedes. En Pontevedra, como o sábado en Cambre, Xurxo Souto exercerá como mestre de cerimonias.

Os Tamara criaron unha orquestra que alcanzou unha gran popularidade nas décadas dos 60 e dos 70. Interpretaban música popular galega aplicandolle arranxos coa influencia do soul e do rock daquela época. No seu repertorio incluían poemas de grandes escritores de lingua galega, como Pondal, Rosalía ou Curros Enriquez.

Cultura