Puido levar unha chosca

Puido levar unha chosca
27 de Maio, 2024 - 11:30 h. | Publicada por Radio Fene

Barallobre 4 - 3 Monfero. Puido levar unha chosca o Monfero pero a emoción e os berros do público mantivéronse ata o pitado final. No minuto 58 o marcador sinalaba un 4-0 con goles de Pedro, Julien, Fuguillas e Roi. "Os do mosteiro" non se deron por vencidos e acurtaron distancias no 60, 68 e 90.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador da S.D. Barallobre Borja Mesa:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/270524MESA.mp3

Fotografia Xan Xe

 O Barallobre finaliza a Liga da Segunda Galicia de fútbol na terceira posición con vinte puntos. 
 

Deportes

Publica o teu comentario agora