Pulidos perpiaños e diamantes de brillo

Pulidos perpiaños e diamantes de brillo
25 de Novembro, 2024 - 10:56 h. | Publicada por Radio Fene

Eume 2 - 3 Maniños. Tras o tropezo do Victoria nas Pontes, o Maniños colócase na primeira posición en solitario da Primeira Futgal con vinteoito puntos. O segundo, o Victoria con vinteseis e o terceiro, o Cambre, con vintecinco. O clube branco vai camiño de fechar unha tempada estelar. A escola balompédica do Maniños terá a súa pedreira máis fecunda no campo do Pote, de aí xa saíron pulidos perpiaños e diamantes de brillo. “O clube está en crecemento e queremos dar oportunidades aos xogadores da casa” indica o adestrador Adrián Martínez. 

ESCOITA O PODCAST:

O adestrador do Maniños Adrián Martínez fala do partido de Pontedeume:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/251124MARTINEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

“O partido de Pontedeume foi moi disputado, con alternativas e fases. A eles expulsáronlle un xogador na primeira parte por unha entrada brusca. pero despois do descanso, saíron xogando moi ben con xogo directo” explica Martínez.

 

 

Na imaxe, Mateo Cociña, porteiro do Maniños no partido de Pontedeume.

Fotografía Xan Xe

 

Deportes

Publica o teu comentario agora