ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Concello de Fene dálle un novo pulo á reciclaxe de residuos que se xeran no municipio coa súa aposta pola compostaxe. Ademais da distribución de composteiros individuais a persoas que dispoñen de fincas ou leiras, agora a Concellería de Medio Ambiente facilita a opción de facer compost nunha illa comunitaria situada en Perlío como nos contou a concelleira Cristina García Moroño.

“Mellorar e ampliar a recollida separada dos bioresiduos”. Con ese obxectivo, o Concello de Fene pon en funcionamento no Castro, en Perlío, unha área de compostaxe comunitaria. Trátase de favorecer que poidan aproveitar os residuos orgánicos para facer compost unha vintena de familias veciñas da zona. A Concellería de Medio Ambiente instalou alí unha illa de compostaxe comunitaria. Consta de tres módulos para aporte de residuo orgánico, con capacidade de un metro cúbico daca un deles, e un cuarto caixón da mesma capacidade para material estruturante. A illa vai instalada sobre unha celosía de formigón para impedir que accedan roedores, segundo explicou a concelleira. O compost servirá para aboar hortas urbáns da zona e tamén para o colexio A Xunqueira de San Valentin onde o alumnado traballa un horto escolar. O proxecto está cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea e conta coa colaboración de persoal de ASPANEPS que fará o seguimento do funcionamento da illa.
Publica o teu comentario agora