ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Multiplícanse as obras en Fene. A máis de 692.500 euros ascende o investimento mobilizado en distintas actuacións no concello. Proxectos nas distintas parroquias, recen rematados, que están en execución ou a punto de comezar das que informou en Radio Fene o alcalde, Juventino Trigo.
“Levamos un bo arreón con elas” e tamén favoreceu o tempo seco das últimas semanas, declarou o alcalde ao detallar as distintas obras, que se realizan con financiamento propio do Concello, con fondos dos Plans de Obras e Servizos da Deputación e do Agader. Hai so unhas semanas foron recepcionadas as melloras realizadas en dous puntos de Maniños, o Camiño da Garita e rúa Beiramar, onde se investiron 101.573 euros, e no Camiño da Rúa, que contou cun investimento de 55.909 euros. Agora están en execución melloras no Camiño de Mundín, un proxecto adxudicado en 112.271 euros a Excavaciones y Obras Candal. En Limodre está a punto de rematar unha actuación na rúa do Campanario, correspondente ao Plan Agader de mellora de viais rurais, adxudicada en 51.485 euros. Tamén se traballa en Magalofes, onde está en marcha a ampliación da rede municipal de saneamento de augas residuais no Feal. O proxecto municipal de saneamento subida a Lagarteira-Orra-Rañoa, en Sillobre, adxudicado en 148.969 euros á empresa Prace Servicios y Obras, ten pendente a instalación do bombeo. É inminente o comezo do proxecto de melloras no Camiño do Castelo e Estrada de Laraxe, en Limodre. “Está en moi mal estado e as obras empezarán en breve”, sinalou o alcalde dunha actuación adxudicada en 174.966 euros e cun prazo de execución de dous meses. Será executada por Construcciones Rocha Corral SL.
Licitación
O Concello ten, ademais, en licitación a dotación de servizo de abastecemento municipal en Camiño Grande-O Cotillón, A Fraga e O Sino. Con esta actuación “a maior parte de Limodre quedará con auga”, sinalou o alcalde, logo de lembrar que previamente “houbo que pedir actuacións a moitas administracións”. Tamén sairá de novo a licitación a reurbanización da rúa Antonia Montero, en Perlío, unha vez aprobado pola Deputación o proxecto que foi preciso refacer ao quedar deserta a primeira licitación.
En carteira
En canto á mellora de viais no entorno do campo de fútbol de Perlío e o Camiño Loira, adxudicado en 47.356 euros á empresa Canarga, o aglomerado botarase tan pronto sexa renovado o saneamento nun ramo do camiño Castro para evitar unha rotura do mesmo durante as obras. Outra actuación en carteira é a pavimentación e saneamento en Cornide, onde o Concello está a tramitar a compra de dúas parcelas para evitar que as tubaxes crucen por unha parcela con vivenda.
Publica o teu comentario agora