ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene avanza na elaboración dos Presupostos municipais. A previsión é aprobalos nun pleno extraordinario antes de acabar o mes. Presupostos municipais, urbanismo e obras. Deses temas falou no espazo As Foxas o concelleiro do BNG, responsable municipal de Obras e Urbanismo Manuel Polo.
Nun par de semanas, pode ser o día 22, votaranse os Presupostos de Fene que levarán un importante capítulo dedicado a investir en obras, anunciou Manuel Polo. “Un debate importante, temos os Orzamentos prorrogados desde o 22” e xa non son acaídos para a situación actual na que os concellos tamén son vítimas do encarecemento de prezos, como os da enerxía. O concelleiro de Obras e Urbanismo informou tamén dos avances para a renovación do Plan Xeral. Vaise encargar a redacción do prego de condicións para licitar o servizo. Tamén pasou revista Manuel Pono as distintas actuacións rematadas ou en marcha para mellorar pavimento en estradas e a rede de abastecemento de auga en distintos puntos do municipio.
Publica o teu comentario agora