ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Maniños acariñaba un punto de inflexión. Encontrouse co punto derivado do empate diante do Imperator,un punto que pode resultar moi importante xa que iguala o “gol average” cun equipo co que está empatado na clasificación da Primeira Galicia de fútbol. “Este equipo nunca vai perder a fé” afirma o adestrador Pablo Mesa, referindose ao tardío gol do Maniños que chegou xa nos últimos minutos do encontro. Maniños 1 -1 Imperator.
“Mister non tiven que actuar” díxolle o porteiro do Maniños Abraham ao adestrador Pablo Mesa ao remate do encontro despois da pregunta do técnico acerca dunha molestia nunha man. “Este punto pode ser moi importante pero ainda queda moita liga, só levamos tres xornadas da segunda volta e observo moita tensión e incluso algo de bloqueo nos xogadores” suliña Mesa. Competimos contra calquera e ningún rival gañou por goleada contra nós, precisa o técnico do Pote.
Publica o teu comentario agora