Punto de inflexión

Punto de inflexión
03 de Novembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

A borrasca Ciarán non lle impediu ver a luz ao Maniños feminino. Sumaron tres puntos na sétima xornada da Segunda Galicia. Gañoulle 3-1 ao Abella de Frades. O partido disputouse o mércores pola mañá no campo do Pote. En cambio, o mal tempo obrigou a suspender o encontro da Terceira Galicia de fútbol feminino que ían xogar o mércores á tarde nos Pinares o Perlío e o Almeiras. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

“Un punto de inflexión” pode ser para o Maniños esta vitoria contra un dos equipos que figuran entre os primeiros clasificados dunha categoría difícil. O técnico do Maniños, Juanjo Iñiguez "Cebolo" agarda que a vitoria sexa un revulsivo que axude a superar a mala racha pasada. “Unha inxección de moral” para as xogadoras. Impúxose o Maniños con goles de Lorena (2) e  Cris, de penalti, nun encontro no que tamén estivo atinada a porteira Eva. “Foi un partido aberto, o resultado pode resultar enganoso, puido decantarse para un ou outro lado”, recoñece o míster.

 

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora