ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Perlío sumou un valioso empate (1-1) na súa visita ao campo do Olímpico de Rutis, un dos aspirantes ao playoff. O técnico, Jesús Peña, amosouse satisfeito polo traballo colectivo: "Conseguimos minimizar as súas virtudes e o resultado é xusto". O gol local naceu da picardía de Óscar San Emeterio, que aproveitou un despiste na zaga rival para marcar nun man a man coa defensa do equipo de Vilaboa (Culleredo).

Sen descanso, o equipo prepárase para unha semana grande. Este xoves ás 12:00h recibirán ao Maniños nun derbi de Copa que promete ser unha festa. Tras o torneo do KO, o domingo agarda outro "transatlántico": o Galicia de Mugardos, nun duelo de máxima rivalidade na liga.
Fotografia Xan Xe
Publica o teu comentario agora