A punto para o Felicia Pop

A punto para o Felicia Pop
08 de Agosto, 2024 - 02:13 h. | Publicada por Radio Fene

Roger de Flor volve a Limodre. Actuará na presentación do Felicia Pop. Dez e media da noite na Escola de Limodre, con entrada libre. Roger e Bernard, acompañados doutros músicos, incluída Amparo Arias, a irmá de Roger, anuncian unha nova edición do Felicia Pop, que se celebra mañá, venres, e o sábado, día 10 na Hortiña de Limodre.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Seguro que vai haber un ambiente estupendo”, prevé Roger de Flor. Tamén orgulloso de que a súa parroquia acolla un festival tan veterano. “Para min ten moitísimo mérito, significa que hai unha paixón verdadeira pola música, non interese polos cartos, palpase o cariño co que se fai”, opina o cantante e compositor. Música e diversión, pero tamén un recordo emocionado a José Ardá, na presentación do Felicia Pop 2024.

Cultura

Publica o teu comentario agora