PXOM e reforma do IES

PXOM e reforma do IES
18 de Xuño, 2026 - 04:41 h. | Publicada por Radio Fene

Urbanismo, mal estado do IES de Fene e bonificacións das ordenanzas fiscais son algúns dos asuntos que comenta o voceiro do Partido Popular no Concello de Fene, Gumersindo Galego, no espazo As Foxas. 

ESCOITA O PODCAST:

Concorda o voceiro do Partido Popular, Gumersindo Galego, coa posibilidade de facer modificacións puntuais do actual Plan Xeral de Urbanismo para facilitar, por exemplo, a división horizontal de vivendas que foron construídas como bifamiliares. “Sempre que esa tramitación sexa paralela á do Plan, o que non se pode é parar o Plan agora que botou andar”, engade. Comparte tamén a demanda dunha urxente reparación do IES de Fene, como piden ANPA e profesorado. “Evidentemente o instituto necesita unha reforma urxente, fíxose algunha cousa moi puntual, pero tellado e ventanais están mal e require unha importante reparación”. 

Dos acordos tomados no pleno de xuño, Gumersindo Galego explica a necesidade de revisar as bonificacións das ordenanzas fiscais aprobada polo pleno a proposta do seu grupo para evitar por exemplo que ter coche impida acceder ás bonificacións. “É un signo de riqueza inexistente”, sinala o voceiro do PP.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora