Qué facemos coa herdanza? Mellor obra no I Certame de Teatro de Agarimo

Qué facemos coa herdanza? Mellor obra no I Certame de Teatro de Agarimo

09 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Esta longa fín de semana deixou varios premios en Fene. Os do I Certame de teatro de Agarimo que se outorgaron na noite do sabado en Sillobre.  Entre os seis grupos que se presentaron ao concurso, o Xosé María Pérez Parallé do CMI Unidade de Fene levouse dous dos galardóns, a Mellor obra “Qué facemos coa herdanza?” e ao mellor actor de reparto para Xosé Luís Acosta, polo seu papel de Chencho na obra dirixida por Carlos Baso

O director fenés non puido recoller o galardón por encontrarse representando nas xornadas de Teatro do Seixo co grupo Teruca Bouza. No seu lugar recolleu o premio de 600€ o presidente do CMI, un fachendoso Xosé Manuel Romero.

Tamén esta fín de semana déronse a coñecer outros premios, os do I Concurso gastronómico da pataca, por votación popular. O Mesón Aturuxo de Fene alzóuse co primeiro premio, mentras que Vichelocrego de Barallobre acadou o segundo entre 23 locais participantes.

Sociedade