A química Brenntag condenada ao pago de 10 millóns de euros polo accidente medioambiental no río Umia

A química Brenntag condenada ao pago de 10 millóns de euros polo accidente medioambiental no río Umia

24 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

A Fiscalía de Pontevedra reclama 10 de millóns de euros de indemnización á fábrica química Brenntag, en Caldas de Reis, en concepto de indemnización polo accidente rexistrado en setembro de 2006 nas súas instalacións e que tivo unha "afección importantísima no río Umia".

Brenntag, como responsable solidaria e subsidiaria, debería sufragar as compensacións derivadas do accidente contaminante, respondendo polos tres traballadores aos que se acusa como autores dun delito contra os recursos naturais e o medio ambiente por omisión e imprudencia grave. Para eses empregados, nos que se carga o incendio e posterior destrución da factoría de químicos, pídense catro meses e 15 días de prisión, ademais da indemnización, que asumiría a empresa.

A maior parte deses 10 millóns de euros compensarían ao Goberno da Xunta por todos os traballos que tivo que facer para controlar os estragos e devolver a normalidade ao río e a súa contorna. O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, declarou hoxe a súa total conformidade coa reclamación á empresa.

Sociedade