ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os ferroláns Quant veñen de editar o seu primeiro longa duración New adventures in full colour. Un título optimista acorde cos 14 temas do disco, como comentaron en Radiofusión dous dos integrantes da banda, Óscar (voz e guitarra) e Miguel (batería). Ademais, neste disco atopamos variedade lingüística xa que 10 dos temas están en ingl&
New Adventures in full colour agrupa temas xa coñecidos a través de anteriores EPs, agora re-gravados e re-masterizados, xunto con temas novos. O disco pode descargase de balde a través da plataforma A Regueifa ou ben mercalo en formato físico. Os que opten por esta segunda opción serán agasallados a maiores cos tres videoclips gravados pola banda ata a data “Girls, Girls, Girls!!!”, “Pois eu” (versión de Andrés Dobarro, presente no Manifesto Dobarrista) e “Ta liste des amitiés brisès”.
O disco pode mercarse por diferentes vías. Por exemplo, pedilo enviando unha mensaxe a través do myspace de Quant ou solicitándoo no correo electrónico oscarquant@gmail.com. O prezo é de 5 euros máis os gastos de envío. Igualmente pode atoparse á venda en diferentes puntos como o Bar O Trasteiro (Pontedeume), 24 horas (Calle de la Iglesia, Ferrol), A escola da vaca (Calle Dolores, Ferrol) e Manchita Cosa (Calle Magdalena, Ferrol).