Que Cunda o Pánico: "As nosas cancións son amor"

Que Cunda o Pánico: "As nosas cancións son amor"

14 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cancións que son "amor". Iso foi o que destacaron dous dos membros do grupo das Pontes "Que Cunda o pánico", que actuará o vindeiro venres no Fenerock. A banda creouse hai máis dun ano e está formada por catro amigos: Isaac (ao baixo), Vituko (á guitarra), Victor (á bateria) e César, quen tamén atende ao nome de De la Highway 61, quen se encarga da voz e tamén dunha segunda guitarra. As súas cancións bas&

"Que Cunda o Pánico" é un nome "chistoso e agresivo", asegura o baixista da banda, Isaac. O grupo creouse hai pouco máis dun ano e xa crearon un EP, que contén catro temas. O seu obxectivo non vai máis aló de divertirse e facer o que lles gusta: música. Recoñecen que lles gusta tocar en directo e de feito xa andiveron por moitos lugares, como por exemplo Guitiriz, Ferrol, Espasante ou As Pontes, onde teñen moitos seguidores, aínda que eles non o queiran recoñecer.

Este venres, actuarán en San Valentín, no marco da VIII edición do Fenerock Festival. Canda eles actuará Susana Lady Evil, unha boa compañeira e amiga, que se achegará ata Fene para unirse a esta festa do rock. Nesa mesma noite, polo escenario do Fenerock pasarán Innsbruck, Los Frikipaldis e La Durango. 

Sociedade