Que a forza nos acompañe

Que a forza nos acompañe
03 de Maio, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene súmase este ano á celebración do Día da Guerra das Galaxias. O 4 de maio hai actividades en todo o mundo que festexan a efeméride. Tamén se conmemora na tenda Cáprica, como nos adiantou o seu xerente Juanma Sánchez.

ESCOITA O PODCAST:

Todo tipo de eventos como maratóns de películas e persoas disfrazadas festexan o Día de Star Wars. Fene súmase cun torneo que organiza a tenda Cáprica. Disputarase desde as dez e media da mañá ás oito e media da tarde. Participarán dezaseis xogadores, procedentes de toda a comarca e da Coruña. Apenas quedan prazas xa para inscribirse. Porque son moitas, e de diferentes idades, as persoas afeccionadas ao universo creado por George Lucas, indicou o responsable do establecemento. Para persoas interesadas noutro tipo de xogos, Juanma Sánchez propón “Azul” un xogo inspirado nos famosos azulexos que decoran a arquitectura portuguesa. Un xogo para maiores de oito anos do que acaba de saír unha versión mini para levar de viaxe.

Sociedade

Publica o teu comentario agora