ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O último grupo de escolares da provincia da Coruña, volveu da neve en Cabeza de Manzaneda. Alí aprenderon a esquiar e compartiron a experiencia ata 100 a un tempo.
Un cento de nenas e nenos de entre 10 e 14 anos dos concellos de Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Capela, Coirós, Curtis, Irixoa, Melide, Miño, Mugardos, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, As Pontes, Sada, Santiso, Sobrado, Toques, Vilarmaior e Vilasantar participaron en Cabeza de Manzaneda (Ourense) na cuarta expedición á neve da Campaña de Esquí 2019, organizada pola área de Deportes da Deputación da Coruña. Durante a pasada fin de semana, os escolares destes concellos coruñeses tiveron a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí con monitores profesionais e participar en numerosas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario.
Un total de 500 aprenderon a esquiar coa Deputación en toda a campaña. O deputado responsable de Deportes da institución provincial coruñesa, Antonio Leira, subliñou a “gran aceptación” coa que conta cada ano este programa, que ata mediados de marzo achegará a práctica do esquí a un total de cincocentos rapaces dos 93 concellos coruñeses. “O obxectivo é promocionar a práctica do deporte e, ao mesmo tempo, fomentar a convivencia entre os rapaces”, sinalou o deputado, que lembrou que a última expedición partirá o o 22 de febreiro con 100 rapaces de concellos das comarcas de Barbanza e Costa da Morte.
Publica o teu comentario agora