Que se acaben as guerras

Que se acaben as guerras
08 de Agosto, 2026 - 11:25 h. | Publicada por Radio Fene

"Imaxinar todo o mundo, vivindo a vida en paz, imaxinar que non hai guerras é doado de pensar, non hai razóns para matar, imaxinar todo o mundo, vivindo a vida en paz". A canción Imagine de John Lennon serviulle a Javier Gurruchaga para facer un alegato contra as guerras "en Gaza e en Ucraína" no concerto que ofreceu no paseo marítimo de Xubia en Narón o venres 7 de agosto. No medio de loubanzas a Narón, Ferrol e Galicia, o vocalista da Orquesta Mondragón ofreceu un completo espectáculo con cancións marchosas e fermosas baladas. Continua incombustible e demostra que segue sendo un showman integral.  

Corazón de neón ou Lola, Lola soaron nunha actuación na que Gurruchaga mantivo intacta a súa enerxía. Dentro da súa xira do 50º aniversario, a Mondragón participou nos "Concertos do Xacobeo", actuando tamén Formula V.

 

Na imaxe, Javier Gurruchaga, con Carlos e Eric Sardiña.

Sociedade

Publica o teu comentario agora