Que a sorte acompañe

Que a sorte acompañe
02 de Febreiro, 2026 - 02:30 h. | Publicada por Radio Fene

“Un pouquiño de decepción porque non merecemos perder, fixemos un partido bastante completo, para non perder”. Así se sente o técnico do Barallobre Borja Mesa. Na Segunda Futgal, Barallobre 1 - 2 Numancia de Ares. 

ESCOITA O PODCAST:

“Non lle quito mérito ao rival, é un gran equipo, fixo o seu partido, nós levamos o peso do encontro”, sinala. O adestrador do Barallobre mandoulle unha mensaxe de ánimo aos seus xogadores. “Son un gran equipo, so falta unha pizquiña de sorte, hai que seguir remando e intentar que esta dinámica cambie”. 

Deportes

Publica o teu comentario agora