ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A orquestra París de Noia non actuará na ribeira de Barallobre o venres quince de maio. Portos de Galicia esixe un aval para autorizar a verbena e a comisión organizadora non atopou posibilidades de afrontar ese novo gasto. A comisión presidida por Luis Valencia traballa na organización das festas do Santiago e o Carme, para o 25 e 26 de xullo.

Segundo o membro da comisión, Juancho Fernández, xa estaban conseguidos todos os permisos e unicamente faltaba a autorización de Portos de Galicia, a entidade que xestiona a parcela situada nas inmediacións da lonxa de Barallobre. Portos pedia o aval e como non o conseguiron, cancelaron o concerto.
A orquestra xa confirmara a súa disponibilidade para actuar en Barallobre nesa data. A París de Noia conta cun dos escenarios moviles máis grandes de Galicia, composto por unha infraestructura que se transporta en catro trailers e un camión pequeno. O escenario conta con 18 metros de fronte, 10 metros de profundidade e 11 metros de altura. Inclue tamén pantallas LED, equipos de son e iluminación.
Imaxe das festas de Perlío. 2024.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora