Queda moito por traballar

Queda moito por traballar
10 de Novembro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Perlío B 0 - 2 Barallobre. O xogador Alvaro Prego sufriu unha lesión no partido da Primeira Futgal co Mandiá. Déronlle esta semana o resultado cunha rotura de ligamento cruzado e se  perde o que queda da tempada. O adestrador do Barallobre Borja Mesa tivo unha lembranza para él. Mesa queixase do excesivo número de cartóns amarelos que sacou o arbitro no partido contra o Perlío B. O equipo do Ramo intentou unha defensa firme e a presión en zonas altas a pesar de contar cun xogador menos desde o minuto 45. Borja está satisfeito polos tres puntos conseguidos. 

ESCOITA O PODCAST:

O adestrador do Barallobre Borja Mesa, satisfeito polo resultado:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/101125MESA.mp3

Para Gonzalo Beceiro do Perlío B, o marcador non reflexa o visto no terreo de xogo:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/101125BECEIRO.mp3

Fotografía Xan Xe

Outra visión do partido é a do adestrador do Perlío B. “O resultado non fai xustiza co visto no terreo de xogo”, di Gonzalo Beceiro. Destaca que o seu equipo competiu, aínda que recoñece as debilidades que presenta esta tempada o Perlío B. Queda moito por traballar para os dous equipos.

 

Fotografía Xanxe

Deportes

Publica o teu comentario agora