Quedan 5 corpos por identificar

Quedan 5 corpos por identificar

26 de Xullo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Quedan 5 corpos das vítimas do accidente de Santiago de Compostela por identificar, segundo a Policía científica. As mesmas fontes reducen a 78 os falecidos no sinistro do pasado 24 de xullo. Ainda hai 62 feridos hospitalizados, 30 deles en estado crítico.

O comisario xefe de Policia de Galicia confirmou a orde de detención para o maquinista do tren que permanece ingresado no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, baixo vixiancia policial. Indicou que en calquera momento se lle tomará declaración sobre o sucedido. As mesmas fontes salientaron que a caixa negra do tren permanece baixo custodia, e que se abrirá cando así o determine o xuiz. Entretanto continuan os traballos na curva da Grandeira en Angrois para desixar libre ao tráfico ferroviario a via na que se produciu o accidente.

Sociedade