Quedou pequena

Quedou pequena
07 de Febreiro, 2022 - 11:20 h. | Publicada por Radio Fene

A carpa instalada no paseo marítimo de San Valentín quedou pequena para acoller ás numerosas persoas que se quixeron achegar á Feira de Artesanía de Fene. Aproveitaron o dia soleado para contemplar os produtos realizados coas mans dos 24 artesáns que responderon á convocatoria da concellaría de Promoción Económica de Fene. "Foi un éxito absoluto, algúns participantes esgotaron a mercancía" sinalou a edil Ana Basoa.

Fotografía Xan Xe

"A cantidade de xente foi incrible. Superou con creces todas as expectativas. A clientela non botou a sesta. Moita xente veu a vernos. O poder de convocatoria foi espectacular". Foron algunhas das frases dos artesáns participantes na xornada. 

 

Fotografía: Xan Xe Corral
 

Institucional

Publica o teu comentario agora