ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A veciñanza de Maniños reclama unha mellor atención médica no Centro de saúde desta parroquia de Fene. Esta mañá rexistrábanse queixas tras ser derivadas persoas para a recollida de analises cara o Centro de Saúde da avenida do Tarrío en Fene.

Un conserxe, un enfermeiro e un médico atenden habitualmente no Centro de Saúde de Maniños. Pero a Xunta de Galicia e o SERGAS non cubren as baixas por enfermedade ou por vacacións e con demasiada frecuencia a atención derivase para o Centro de Saúde de Fene cos conseguintes atrancos para persoas maiores e con problemas de mobilidade. Deben desprazarse seis quilómetros e con un transporte público escaso e coa parada alonxada do establecemento sanitario.
Tamén no hospital de Burela
A deputada socialista Lara Méndez reclamou hoxe no pleno do Parlamento de Galicia que A Mariña recupere a área sanitaria que a Xunta do PP “lle arrebatou” en 2017. A parlamentaria do PSdeG criticou, ademais da situación na que se atopan os centros de saúde e a atención primaria na zona, as condicións do hospital de Burela, que “nunca antes estivera peor que agora”. Segundo denunciou, na última década reproducíronse e agraváronse problemas como o déficit de especialistas, os atrasos nas consultas, os incrementos das listas de espera, “que nalgúns casos superan os dez meses”, ou, directamente, a carencia dalgúns servizos. Seguimentos que poderían realizarse de xeito ambulante acaban agora en ingresos ou derivacións a centros privados, alertou. O servizo de saúde atópase, nesa comarca, “baixo mínimos”, unha situación que “repercute na saúde da xente”. Por iso, cualificou de “intolerable” que o conselleiro dixese “sen ruborizarse” que as persoas que saen á rúa a reclamar os seus dereitos estean “politizadas”. Censurou tamén que o pasado marzo, mentres a veciñanza de manifestaba en Viveiro en defensa da sanidade, o PP “marcábase un Mazón”, cun xantar de cargos do partido na mesma localidade.
Comentarios
A parada do bus está ao lado.
Publica o teu comentario agora