Queixo de proximidade

Queixo de proximidade
24 de Outubro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Os bos queixos galegos danse cita este sábado na Sociedade Agarimo de Sillobre en Fene. Eloy e Alejandra de “Queixos Sillobre” presentarán ás dez da mañá as queixerías participantes. As 12,30, Jose Loureiro da escola de cociña Icook ofrecerá un showcooking. Entre ás dez da mañá e as seis da tarde haberá degustación e venda de queixos. A mediodía servirase polbo á feira da man de Pepita do Carballiño.

Gaia Gourmets de Xinzo de Limia, Mel Ferreiro de Lourenzá, Pan con Chocolate con pan de Carral e Bombóns Moreno, Bisqato de Guitiriz, Lácteos de Moeche, Queixos Luar de Irixoa, Santo André de Castroverde e Dona Cobiña de Agolada, serán algúns dos participantes no evento. Todo na sociedade Agarimo de Sillobre (Fene).

Sociedade

Publica o teu comentario agora