ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un evento para público de todas as edades. Iso é a Festa do Queixo que se programa para o venres, 1 sábado 2 e domingo 3 de marzo. A cantante Sés actuará no recinto feiral o sábado á unha do mediodia, antes da dar paso ao humorista, actor e presentador Xosé A. Touriñán que pronunciará o pregón.
Xa pola noite actuarán en Arzúa o grupo La Pandilla Voladora, formado por Muchachito Bombo Infierno, El Lichis, Albert Pla, Tomasito e El Canijo de Jerez. No mesmo festival subirán ao escenario Gimnástica (Alacant) e Estereotypo (Cantabria). Xa o domingo ofrecerán concertos, Os Melidaos, Carapaus e a gaiteira e pianista galega máis internacional Cristina Pato.
O alcalde de Arzúa José Luís García presentou este mediodia o programa completo da XXXVIII Festa do Queixo. As actividades comezarán o venres 1 de marzo con animación, obradoiros, concurso de tapas e petiscos e unha tamborrada. Na exposición no recinto feiral, participarán 23 queixeiras da Denominación de Orixe Arzúa Ulloa. O orzamento global desta edición supera os 120.000 euros e a Feira contará coa participación doutros Concellos da comarca e do camiño de Santiago.
Queixo Maketón
A banda alacantina Gimnástica completa o cartel do Festival da 38º edición da Festa do Queixo, ao resultar gañadora do certame Queixo Maketón. O concurso tivo 180 bandas inscritas, a segunda marca máis alta de participación de grupos solistas e noveis de todos os recunchos da Península.