ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Unha gran carpa de 350 metros cadrados albergará este sábado no Canton de Molins de Ferrol nunha Feira Agroalimentaria con 16 postos de productos de proximidade. Haberá queixos de Sillobre, Cagiao de Paderne, mel de Goente, mermeladas da Fusquenlla e gran variedade de actividades. O ilustrador Carlos Sardina debuxará un mural ao longo de todo o dia. Queren poñer en valor o traballo de persoas que elaboran produtos de proximidade e sostibles. Falou da Feira Agroalimentaria de produto local e de proximidade, o membro da cooperativa Enxame Ruben Rey.

Haberá tamén degustacións de produtos da ria, ofrecidos polas confrarías de Ferrol e Barallobre. Organiza a Mancomunidade da comarca de Ferrol.
Imaxe da Feira do Queixo de Sillobre
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora