ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O concello de Fene clausura esta semana as actividades organizadas arredor do Dia da Muller. A escritora e pioneira feminista en Galicia, Mª Xosé Queizán, dará unha conferencia o venres na biblioteca municipal sobre “O Traballo ten xénero” , ás 7 da tarde.
Queizán fará un repaso histórico polo traballo das mulleres galegas, dunha importancia fundamental na economía galega. Escritora, catedrática de lingua e literatura galega e figura relevante no movemento feminista en España e pioneira á súa vez dentro do feminismo galego. Articulista e colaboradora literaria en diversosmedios de comunicación.Ten numerosas obras publicadas que abranguenxéneros literarios tan variados como o ensaio, a poesía, a novela, o relato, o teatro...Nomeada Galega Distinguida no ano 1995. A Asociación de Escritores en Lingua Galega concedeulle a LETRA E.