ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Parece que coidamos máis aos coches que aos vellos”, denuncia o concelleiro de Benestar de Fene, Manuel Polo que critica a infrafinanciación do Servizo de Axuda no Fogar pola Xunta de Galicia.

“Para o Concello non é sostible”, denuncia o concelleiro de Benestar. Manuel Polo lembra que o BNG defende que este servizo debera ser autonómico. Un modelo de xestión máis amplo facilitaría a dotación de persoal e medios para atender as persoas nos seus domicilios. “Concello a concello o único que conseguimos é atomizar e precarizar o servizo”, explica. Sinala tamén o responsable municipal de Benestar a necesidade de planificar a atención ás persoas maiores nunha sociedade cada vez máis envellecida como é a galega. “Fene xa ten máis de 50 anos de media, a pirámide da poboación é moi estreitiña por abaixo”, apunta.
Máis de cento cincuenta persoas son usuarias do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Fene. E hai noventa en lista de agarda, nalgúns casos xa son usuarias pero aumentou o seu grao de dependencia e precisan máis tempo de axuda. A nova concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar comezou traballar recentemente. O Concello de Fene adxudicou o servizo por un ano prorrogable por outro ano por un importe anual de 1,5 millóns de euros. O custe dunha hora de servizo é de 21 euros. A Xunta só aporta 12, o que obriga aos concellos a asumir a maior parte do custe real: 9 € adicionais por hora e o propio persoal municipal que se dedica a xestionar e supervisar o servizo.
Publica o teu comentario agora