ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Poder Xudicial segue sen presidente. O Consello Xeral do Poder Xudicial foi renovado logo dun longo bloqueo e agora os seus membros non se dan posto de acordo para elixir presidente. Do cometido e funcionamento do Consello Xeral do Poder Xudicial informou en Radio Fene a letrada María Álvarez Real.
O Poder Xudicial debe garantir aos cidadáns o dereito a que nos protexa a Xustiza, explicou a avogada. “Que todos, independentemente das condicións, teñamos acceso á Xustiza e poidamos defender os nosos intereses”. O Consello Xeral do Poder Xudicial é o órgano de goberno dos xuíces e maxistrados. Del dependen nomeamentos, organización e réxime disciplinario da carreira xudicial. Está formado por 20 vogais, 10 elixidos polo Congreso dos deputados e outros 10 polo Senado, entre xuíces e xuristas de recoñecida competencia.
Logo de dúas xuntanzas infrutuosas, o pleno do renovado Consello Xeral do Poder Xudicial volve reunirse o luns para tratar de elixir un presidente. Nesa figura recae tamén a presidencia do Tribunal Supremo. Aínda que son elixidos polas Cortes, “nin o presidente nin os membros deben ser influenciados, teñen que ter independencia”, remarcou María. Iso, polo menos, é o que di a Lei.
Publica o teu comentario agora