Queríamos meter o segundo gol antes que o primeiro

Queríamos meter o segundo gol antes que o primeiro
25 de Outubro, 2021 - 11:35 h. | Publicada por Radio Fene

O mellor xogador do partido foi o porteiro do Monfero que fixo grandes paradas” manifesta o mister do Maniños B Manuel Freire. “De feito parounos un penalty ainda que marcamos ao rexeitar, pero o Monfero marcou primeiro e xenerou ansia nos meus rapaces que querían marcar o segundo gol antes que o primeiro”. O equipo local tiña un plantel escaso e o Maniños demostrou un maior fondo físico. Monfero 1 – 4 Cultural Maniños B

ESCOITA O PODCAST:
Cultural Maniños B

O Maniños B é líder do grupo da Segunda Galicia de fútbol, empatado a puntos co Capela.

 

Fotografía: Xan Xe Corral

Deportes

Publica o teu comentario agora