ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Ferrol ten unha importancia sobranceira na organización do movimento libertario, xa que na cidade departamental prepárase a reorganización da CNT en 1915. O goberno declarara ilegal e practicamente esfarelara o sindicato anarquista en 1911, ao ano da súa fundación. A convocatoria dun Congreso Internacional da paz en Ferrol serve como acicate para os grupos anarquistas e propicia a recomposición da Confederación Nacional do Traballo en todo o Estado.
A comezos de 1915 o libertario francés Sebastián Faure lanza un chamamento á paz a socialistas, sindicalistas, revolucionarios e anarquistas. Preténdese poñer fín á I Guerra Mundial. O Ateneo sindicalista de Ferrol recolle a mensaxe e en febreiro dese ano convoca a todas as organizacións obreiras do mundo a un Congreso para rematar co conflicto bélico. Na convocatoria,os organizadores parten dunha intepretación optimista do curso da guerra e insisten na desmoralización e desánimo dos exércitos. Propoñen un boicot dos traballadores dos paises neutrais e un movimento revolucionario nos estados belixerantes para acabar coa guerra. Segundo o historiador Carlos Forcadell, o Congreso celébrase en Ferrol para facilitar o acceso por mar desde calquera parte do mundo, dada a dificultade de comunicacións no continente europeo.
O Congreso evidentemente non conquire parar a Primeira Guerra Mundial. Pero ademáis as autoridades impiden a chegada de persoalidades como Enrico Malatesta e mesmo o desenvolvemento das sesións congresuais. Pero en cambio, servirá de relanzamento da CNT, que vivía naqueles anos unha época de letargo desde que en 1911 o goberno decretara a ilegalidade do sindicato anarquista. Nas sesións clandestinas do Congreso, en abril de 1915, a discusión xira en torno á reorganización da Confederación. O anarquista ferrolán López Bouza ia presidir o evento, pero a policia detenno previamente. A pesar da represión, 47 delegados de España, Portugal, Brasil e Francia xúntanse en Ferrol o 29 de abril de 1915. Houbo numerosísimas adhesións de todo o mundo. Angel Pestaña propón a reorganización da CNT e a conversión en diario do periódico “Solidaridad Obrera”. Acórdase elaborar un manifesto e desenvolver unha campaña de mitins.