ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Por primeira vez en toda a historia da autonomía, o Goberno Galego non só non está a defender a nosa lingua propia, senón que encabeza o ataque contra o seu uso nos diferentes ámbitos”. Con este argumento, a plataforma QUEREMOS GALEGO anima a participar na manifestación que partirá o vindeiro domingo da Alameda de Santiago (12.00h). Na comarca de Ferrolterra, membros do colectivo intensificarán ao longo desta semana os contactos cos distin
Segundo declarou esta mañá a Radiofusión Delfina Bañobre, unha das voceiras da plataforma na bisbarra, “os de Fene e San Sadurniño foron os primeiros Concellos que se adheriron á mobilización e que fletarán autobuses para favorecer a participación dos veciños”.
Bañobre agarda que a manifestación do domingo sexa multitudinaria e que sirva para amosar o sentir dos moitos cidadáns que rexeitan as novas medidas anunciadas pola Xunta de Galicia en materia de política lingüística (como a derrogación do decreto do galego ou a contrarreforma da Lei da Función Pública).
Despois da manifestación que se celebrará o domingo en Compostela , dende a plataforma Queremos Galego anuncian unha campaña de recollida de sinaturas para promover unha Iniciativa Lexislativa Popular a prol do idioma.