Queremos Galego celebrará un festival de música e palabra o 30 de abril en Compostela

Queremos Galego celebrará un festival de música e palabra o 30 de abril en Compostela

16 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

“Unha auténtica festa da nosa cultura”. Así presenta a Plataforma Cidadá Queremos Galego o acto principal das súas reivindicacións para esta primavera, na que a gran manifestación do 17 de maio en defensa do idioma polas rúas de Santiago vaise substituír por unha manchea de concentracións en diferentes comarcas do país. A principal celebración anticiparase e consistirá nun festival programado par

Os organizadores xa confirmaron o programa do evento, que toma o relevo do concerto contra o decreto do plurilingüismo que se realizara en Pontevedra o pasado ano, e que presentan como unha convocatoria lúdica e reivindicativa a un tempo. No escenario alternaranse as actuacións musicais de Ugia Pedreira, Roi Casal, Miro Casabella e Roberto Sobrado coas palabras doutros convidados, como o actor Ernesto Chao, presidente de Escena Galega. Tamén participarán a profesora e sociolingüísta Pilar García Negro; a escritora Teresa Moure; o escritor e académico Manuel Rivas; e o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega. O condutor do acto será o humorista e artista gráfico Xosé Lois González “O Carrabouxo”. Ademais, intervirá o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro de Queremos Galego, Carlos Callón. Nas vindeiras datas poranse á venda as entradas para o festival, que principiará ás sete e media do serán e cuxa recadación destinarase a financiar as actividades da plataforma cidadá.
 
Verbo do actos para o Día das Letras Galegas, a organización optará este ano por unha “mobilización expansiva” no maior número posible de localidades do país. Consistirán en concentracións unidas por un lema e manifesto común nas que se promoverán lecturas colectivas de textos reivindicativos da lingua propia e se reservará un espazo para a lembranza de Castelao no 125 aniversario do seu nacemento que se conmemora durante 2011. 
Sociedade