Queremos Galego pídelle a Feijóo “feitos e non só palabras”

Queremos Galego pídelle a Feijóo “feitos e non só palabras”

12 de Febreiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por

“Foi unha mostra de unidade en torno á lingua como elemento común e de cohesión social fundamental para a nosa existencia como pobo”, da que “só se autoexcluiu unha parte do PP”. Así valora a plataforma cidadá Queremos Galego a manifestación que encheu as rúas de Santiago baixo o lema “Polas fillas dos nosos fillos” o pasado domingo. O portavoz do colectivo convocante, Marcos

Para Queremos Galego “non chega só con que Feijóo recoñeza que rompeu eses acordos unilateralmente cando lle pede ao Conselleiro que recupere o consenso. A situación do galego precisa accións e non declaracións grandilocuentes”. A Plataforma lembra que todos os datos e estudos indican que o nivel de utilización, coñecemento, e uso do galego nas aulas é o máis baixo da historia autonómica, o que para Queremos Galego é consecuencia da non aplicación de ningunha das medidas acordadas para devolver o galego a todos os espazos e da acción contraria á lingua que se vén desenvolvendo nos últimos 6 anos. Marcos Maceira pregunta “que fixo o goberno para garantir a presenza do galego en todos os aspectos da vida social tal e como se contemplaba o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega? Eliminar o galego de todo ensino que na etapa infantil está practicamente desaparecido”.

Aínda recente a marcha dunhas 25.000 persoas por COmpostela, os convocantes animan a continuar a mobilización social “na rúa, visibilizando que somos multitude as persoas que queremos vivir en galego con absoluta normalidade no noso país, mais tamén na acción diaria, reclamando a presenza do galego en todos os ámbitos, apoiando iniciativas colectivas e individuais que actúan soas, por desgraza para Galiza, sen ningún tipo de apoio institucional, e a pesar da actitude do propio goberno galego”. Queremos Galego chama “a que a sociedade actúe para facer por si mesma o que até agora a Xunta se negou a facer”.

Sociedade