Queremos Xustiza

Queremos Xustiza
13 de Xullo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Falamos de inxustizas no espazo Vilanova, co psicólogo José Barcia Tuccelli, co que comentamos unha das polémicas que se viviu no Campionato do Mundo de Fútbol.

ESCOITA O PODCAST:

Percorreu o mundo a percepción de que se cometía unha inxustiza logo de que lle levantaran a sanción máxima, unha tarxeta vermella, a un xogador dos Estados Unidos tras unha chamada de Donald Trump ao presidente da FIFA. De como percibimos a xustiza deunos algunhas claves o psicólogo José Barcia Tuccelli que nos explicou o que chaman sesgo do Mundo xusto. “As persoas temos unha certa necesidade de percepción de control sobre as nosas vidas”, aínda que non sexa así na vida real. “Temos un control moi limitado, pero non nos gusta pensalo”, apuntou Barcia Tuccelli. Explicou o especialista que as persoas pensamos que se cometen inxustizas se nos parece que poñemos máis dedicación do que conseguimos a cambio, tamén cando pensamos que non se vulneran os procedementos establecidos ou se percibimos que non somos tratados con dignidade. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora