Queren pechar o 8 de setembro

Queren pechar o 8 de setembro
19 de Agosto, 2021 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Abanca comunicounos que pechaba os meses de xullo e agosto pero agora estamos recibindo as cartas indicando que a oficina de San Valentín xa non volve abrir en setembro” manifestou o presidente do Centro de Promoción Social Juan Miraz. A veciñanza bloquea todos os xoves a sucursal da entidade na avenida Naturais de Fene. Ademais intentarán impedir “o desmantelamento da oficina”. 

Concentración esta mañá en Abanca de Fene

A cidadanía reclama un maior apoio político en contra do feche das sucursais bancarias. “As Corporacións deben declarar persoa non grata a Juan Carlos Escotet se non para o desmantelamento, o Parlamento galego ten que pedirlle ao conxunto das entidades bancarias unha moratoria no feche de oficinas cando menos de dous anos e declarar aos bancos que acepten ese compromiso, institucións colaborativas, para telo en conta de cara a futuras subvencións e axudas” afirmou un dos asistentes á concentración desta mañá. “É necesaria unha confluencia das protestas de todos os lugares onde se quere fechar sucursal bancaria” manifestaba outro dos cidadáns que esta mañá bloquearon o funcionamento de Abanca en Fene. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora