ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"O Caranza mereceu gañar a Liga de fútbol 8 porque só colleitou unha derrota en toda a temporada" afirma Carlos Gómez, técnico do Maniños feminino.
O Maniños tivo que ser testigo de como o Caranza se alzaba como campión da Liga feminina de Futbol 8, tan so a catro xornadas do final da tempada. As ferrolás tiveron que traballar duro porque as rapazas do Maniños prantexaron un partido diferente desde o principio, sabedoras da xuventude das ferrolás e da súa mellor forma física. O Maniños baixou o ritmo de xogo e saíulle unha primeira parte moi boa, en palabras do seu técnico, Carlos Gómez. De feito adiantáronse cun gol de Rebe de penalti, aínda que pronto veu o empate.
O Maniños compareceu no encontro cun número escaso de xogadoras, un mal que arrastraron toda a tempada. Chegaron a estar empatadas a dous, pero nos últimos minutos a resistencia física do Caranza primou sobre o demáis e daí o marcador definitivo, 2-4. Agora o obxectivo do Cultural Maniños feminino é acabar na segunda praza. Para iso quédanlle cinco partidos porque ten aprazado un co Mugardos, que xogan este domingo dia 3 ás 10,45h no campo da Pedreira, e o día 10 de marzo a cita é co Eume Deportivo no campo da Gándara.
Publica o teu comentario agora