ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"A querenza polo rural lévoa dentro, pero o libro tamén reflexiona sobre o amor polos avós e sobre as feridas que causa a emigración da rapazada que se ten que criar lonxe da nai e do pai" indica Marta Villar, a autora de "Detective Ferruchi", un volume que tamén aborda o racismo na sociedade galega. Marta gañou o último Premio Xerais, con Detective Ferruchi, unha novela coral e divertida, contada cun ton irónico, que consegue manter a intriga ata o final. Antes de facerse con este premio gordo, o Xerais, Villar xa lograra outros galardóns importantes, no ámbito do Xornalismo ou no da Literatura.
Sol Cortés decide darlle un xiro radical á súa vida. Deixa a cidade onde vive e o traballo en Inditex e regresa á súa vila natal para abrir unha librería. Pouco despois, aparece asasinado Xan Sequeiro, un curioso veterinario cun don especial para curar animais. A investigación deste crime suscita asuntos da sociedade actual que invitan á reflexión. De todo iso trata Detective Ferruchi, o último Premio Xerais, unha novela interesante.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora