Quero que o público conecte, baile e goce ao ritmo dos tambores

Quero que o público conecte, baile e goce ao ritmo dos tambores
10 de Xaneiro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Catalina Salom Nunia, a nosa protagonista de hoxe en Sons de Nós, nada en Vilagarcía de Arousa, é cantante, compositora, actriz e socióloga e artisticamente coñecida como Catuxa Salom. 

ESCOITA O PODCAST:

As súas raíces familiares na Arxentina impregnan a súa creación musical e Latinoamérica está presente no que fai. Pero son moitas as súas influencias, dende o blues, o funky, Mercedes Sosa, Violeta Parra, Fuel Fandango ou Baiuca. 

Tras unha etapa en Madrid, onde estudou e iniciou a súa carreira artística, a pandemia tróuxoa de volta a Galicia e Catuxa medrou, ou poderiamos dicir que renaceu, na súa expresión artística; 

unha creación musical e estética que Catuxa define como “unha fusión de ritmos tribais latinoamericanos con música en galego, nun envoltorio electrónico”. 

No 2024 os Premios Martín Códax danlle unha alegría ao proclamala como gañadora da categoría Músicas do Mundo e Mestizaxe. 

Catuxa Salom acaba de presentar Cāldo, un disco que confirma que é unha das voces máis potentes da escena electrónica do momento; e isto sen renunciar ao folk nin á súa herdanza arxentina, que se impón como misión a conexión co público para que “conecte, baile e goce o ritmo dos tambores”. 

Fotografía: Algi Boga

 

Cultura

Publica o teu comentario agora